jueves, 23 de noviembre de 2017

25-N Universo e estupidez humana



No club de ciencia da nosa biblioteca andamos ás voltas nestas datas coa sempre chocante Teoría da Relatividade. E digo chocante, porque por moitas veces que o escoitemos, ou o leamos, resulta difícil de asumir que o espazo e o tempo sexan algo deformable, e que iso mesmo sexa o causante de que sigamos dando voltas e máis voltas arredor do Sol, ou de que aquela bendita mazá caera diante dos fuciños de Sir Isaac Newton para inspiralo na súa concepción do Universo.
Ademais de ser, seguramente o científico máis recoñecido de todos os tempos, tamén, seguramente foi un dos máis mediáticos, e gustaba de soltar ante a prensa frases inxeniosas. Unha delas hoxe, véspera do Día Internaciona contra a Violencia de Xénero, ven que nin pintada: 

"... só dúas cousas poden ser infinitas: o universo e a estupidez humana [...] e no referente ao universo, non estou seguro..."

Hoxe toca reunión no recreo, así que estiven buscando documentación ao respecto na rede. Non é doado atopar material  sobre este tema que satisfaga a todos os que formamos este club de Ciencia e Tecnoloxía, uns pola extensión, outros pola excesiva simplicidade, outros, ao contrario, pola complexidade. Finalmente decidinme por este video que se adapta ao tempo dispoñibe e trata as dúas teorías, a especial e a xeral, dunha forma amena. 
Espero que nos satisfaga a todo@s e que teñamos un intenso debate científico



No hay comentarios:

Publicar un comentario