miércoles, 5 de febrero de 2020

A expansión do universo

Segundo van pasando os anos, e novas xeracións de alumnos ides pasando polo club de ciencia do noso centro, un tema recurrente é o da Gran Explosión, ou Big Bang, como se coñece habitualmente. Hoxe parece unha teoría totalmente admitida pola comunidade científica, e avalada por diversas comprobacións empíricas. Sen embargo, isto non foi así dende o inicio. 
Como ocorreu en moitas ocasións, a historia atribúe méritos a persoas equivocadas, e as verdadeiras artífices de tal ou cual invento ou descubrimento son condenadas ao esquecemento. Pois ben, tradicionalmente se considera ao astrónomo Edwin Hubble como o creador da teoría da Expansión do Universo, que inevitablemente nos conduce á idea dunha gran explosión, polo simple feito de que se as galaxias se están afastando unhas doutras, antes estaban máis cerca, e se seguimos retrocedendo, nalgún momento, todas elas, todo o que coñecemos estaba no mesmo punto.
Sen embargo, como digo, se ben Hubble fixo importantísimas achegas para a consolidación desta teoría, a idea do big bang debémoslla a un crego belga chamado George Lemaitre, ademais de Sir Arthur Eddington e Willem De Sitter. Pero isto será o tema doutra publicación. 
Buscando na rede un vídeo adecuado para que coñecérades esta fermosa teoría topeime co vídeo que vos propoño para esta semana, dun vello coñecido ao que admiro profundamente polo seu maxistral labor de divulgación de temas de astronomía: Carl Sagan. É o creador dunha das mellores series documentais sobre o cosmos, chamada así, Cosmos. Tamén temos o libro na biblio. É unha auténtica xoia.
Disfrutade 

martes, 28 de enero de 2020

Un espectroscopio caseiro (1)


Temos no noso poder un trebello cedido polo noso compañeiro Enrique, autor de numerosos artiluxios caseiros, todos eles froito da súa necesidade por coñecer o universo, unida ao limitado orzamento dun aficionado, e mostra dun enxeño top level.
Trátase dun espectroscopio, construído a base de anacos de tubo de pvc, restos de prismáticos e un par de coitelas de cúter.
O espectroscopio é un aparello que nos permite ver a composición da luz, separando as distintas frecuencias (ou lonxitudes de onda, como prefirades) que a compoñen, o mesmo que fan as pingas de auga en suspensión para formar un arco da vella, ou a superficie dun CD ou DVD.
O experimento que fixemos consistiu en ver na pantalla dun ordenador a composición de distintas fontes de luz, concretamente, a luz led da lanterna do móbil, a dun tubo fluorescente e a dun pequeno tubo de neón.
Pero para comprender mellor a que son debidas estas distintas configuracións, mirade este vídeo, que explica o que chamamos espectro de emisión, producido por exemplo por un gas excitado no interior dun corpo celeste, ou cando é sometido a unha descarga eléctrica, por exemplo


Este outro tamén explica os espectros de emisión, pero é interesante porque salienta as diferentes pegadas de tres gases distintos


Na vindeira publicación veremos os resultados obtidos co noso trebello

Recreos conCiencia, primeiros pasos 2019-20

Alumnos do ciclo de Automatización e Robótica trasteando co equipo

Recreos conCiencia continúa un ano máis na nosa biblioteca, xuntando a persoal da nosa comunidade, alumnos e algún profe, atraídos por este mundo apaixoante da Ciencia.
O tempo de que dispoñemos, que se limita a un recreo, non é moito, pero está ben aproveitado. 
Durante o primeiro trimestre, o máis salientable foi a presentación do proxecto do Sistema Solar Ferrolterra, promovido por esta biblioteca, no que o noso centro é o coordinador, representando ao Sol, e no que participan outros nove centros da nosa contorna, representando cada un a un planeta. Os alumnos do ciclo de automatización e robótica industrial están traballando na automatización dun observatorio robotizado. Nas primeiras reunións fixemos observacións cos telescopios do proxecto, e falamos dos tipos de telescopios e monturas, movementos de apuntamento e seguimento, etc. Os obxectos observados non estaban a anos luz, senón a uns centos de metros, pero a ocasión valeu igualmente para comprobar a asombrosa calidade óptica que deben ter estes instrumentos e a potencia de aproximación

jueves, 30 de noviembre de 2017

Relatividade e pensamento


Mañá venres temos outra reunión do club de Ciencia e Tecnoloxía. Despois da reunión da semana pasada, na que falamos sobre a Relatividade especial e xeral, estaría ben que lle botáramos unha ollada a este artigo. Está escrito por Brian Greene, catedrático de física e matemáticas da Universidade de Columbia, de N. York (aí é nada), pero coñecido polo gran público, especialmente polos seus traballos de divulgación científica. O artigo, do que extraemos aquí un fragmento para debater na reunión, foi publicado na revista Scientific American (Investigación y Ciencia, para os amigos) en 2015, con motivo do centenario da publicación da Teoría da Relatividade Xeral. 

Ademais das cuestións puramente científicas, que seguramente centrarán o noso debati, o que se propón aquí é a discusión sobre a posible ou non repercusión das ideas de Einstein sobre o pensamento, a arte e outros aspectos da sociedade a principios do século XX. 

O fragmento é este:

"Mientras Einstein planeaba sobre la sociedad, sus ideas sobre la relatividad, al menos en su versión más ampliamente divulgada, parecían concordar con otras convulsiones culturales. Si James Joyce y T. S. Eliot astillaban la frase, Pablo Picasso y Marcel Duchamp escindían el lienzo, y Arnold Schoenberg e Igor Stravinski hacían añicos la escala, Einstein rompió las amarras que hasta entonces habían atado el espacio y el tiempo a los modelos obsoletos de la realidad.
Algunos han ido más lejos y han presentado a Einstein como la inspiración central del movimiento vanguardista del siglo XX, el manantial científico que obligó a repensar la cultura. Aunque resulta romántico creer que las verdades de la naturaleza generaron una ola que barrió los polvorientos vestigios de una cultura atrincherada, nunca he encontrado pruebas convincentes que unan esas convulsiones a la ciencia de Einstein. Una interpretación errónea pero muy extendida de la relatividad —que elimina toda verdad objetiva— ha sido la responsable de que, numerosas veces, el ámbito de la cultura haya evocado de manera injustificada las teorías del físico alemán. Curiosamente, los gustos del propio Einstein eran poco originales: prefería a Bach y a Mozart antes que a los compositores modernos y renunció al regalo de un mobiliario de la Bauhaus porque le agradaba más el clásico y manido que ya poseía.
Con todo, es justo decir que a principios del siglo XX no faltaron las ideas revolucionarias, muchas de las cuales sin duda se entremezclaron. Y que, por supuesto, Einstein fue un gran ejemplo de cómo el abandono de las premisas tradicionales permite descubrir paisajes nuevos y arrebatadores."

A Rusia dun poeta en tempos convulsos

 
O pasado luns tivemos a reunión do primeiro grupo do club de cinema, para comentar a segunda das pelis sobre o ciclo sobre a Revolución Rusa. A peli en cuestión era Doctor Zhivago, baseada na novela do Nobel ruso Boris Pasternak, dirixida polo británico David Lean, Sir David Lean. 

Completan a filmografía deste cieasta un total de 16 películas como director, pero se ten un lugar na historia da séptima arte é fundamentalmente por tres: A ponte sobre o río Kwai, Lawrence de Arabia e Doutor Zhivago. As tres son películas indispensables, e teñen a pegada do seu director, que gañou o óscar ao mellor director polas dúas primeiras. Son superproducións da época dourada de Hollywood, dos anos cincuenta e sesenta, rodadas cunha impecable técnica de color que contan historias de personaxes que viven inmersos en marcos nos que teñen lugar conflictos de grandes proporcións (un coronel que constrúe unha ponte para o inimigo na segunda guerra mundial, un oficial inglés en medio de confictos entre árabes, ou un poeta en plena revolución rusa)

Pero non sería xusto falar da película sen comezar polo creador da súa historia, Boris Pasternak, unha historia que ben podería pasar pola súa propia, porque hai un claro paralelismo entre o escritor e Yuri Zhivago: un poeta admirado e querido polo pobo, pero perseguido polas autoridades soviéticas, acusado de subxetividade e individualismo, algo frontalmente contrario ao réxime. Pasternak foi galardoado co premio Nobel de Literatura en 1958, despois de estar na lista de candidatos seis veces  en anos anteriores; pero foi seguramente a publicación de Doutor Zhivago ese mesmo ano o que o fixo finalmente merecedor do premio, unha publicación saíu á luz da man dun editor italiano, tras saír o documento orixinal clandestinamente da URSS, onde non se publicaría ata os anos 90, tras a caída do réxime soviético.

A revolución rusa, a guerra civil que veu despois, e o posterior desenvolvemento e crecemento da Unión Soviética é contada a través do  fío condutor da vida de Yuri Zhivago, unha revolución que se nos ofrece descarnada, na que o amor, a familia, a arte ou mesmo a vida teñen escaso valor, supeditados ao colectivismo, á ditadura do proletariado. Pero ademais, a película éunha historia de amor e se profundizamos, podemos atopar un canto aos mellores valores do ser humano

A banda sonora e a marabillosa fotografía, cos seus coidados encuadres, a beleza das paisaxes rusas (que en realidade son en gran parte españolas) contribúen, sen que nos deamos conta, a crear un ambiente poético e cálido, que encaixa á perfección coa alma do poeta (médico de profesión), en contraste co frío inmisericorde e os desgarradores acontecementos que teñen lugar.
 
A pesar da fría acollida entre a crítica, obtivo en 1965, entre outros premios, 5 óscars e 5 globos de ouro

Entre os participantes na nosa reunión, houbo opinións de todas as cores, dende a quen lle pareceu un muermo infumable  ata a quen a recoñeceu como unha película de gran talla, pasando pola indiferencia. As críticas máis xeralizadas estiveron dirixidas a excesiva metraxe. 

Da reunión quedámonos con esta secuencia:
               - Que tal a peli?
               - Me enamoré de la chica rubia...


jueves, 23 de noviembre de 2017

O infinito de Einstein



Unha cousiña moi breve
Na publicación anterior comentabamos unha célebre frase de Einstein sobre o infinito, pero canto máis coñecemos deste persoeiro, máis nos damos conta de que hai outra cousa infinita, ademais do universo e a estupidez humana, e é o seu inxeño... e se non é infinito, achégase bastante. 

Así, buceando pola rede, atopei esta páxina, con quince das súas frases máis célebres, e hai unha, que, dada a data na que estamos, na que temos previstas varias actividades dende a biblioteca e o departamento de orientación, non podemos deixar de publicar aquí:

"O mundo non está en perigo polas malas persoas senón por aquelas que permiten a maldade "

 



Club de cinema: Acorazado Potemkin



Retomamos este curso a actividade do noso blog, e facémolo co noso club de cinema CINÉFRIKOS Ferrolterra, no seu segundo ano de vida.
Comezamos cun ciclo de películas relacionadas coa Revolución Rusa, coincidindo co seu centenario, este ano 2017.
A través de tres películas percorreremos a andaina desa Revolución, que marcou o curso do mundo durante o século XX, dende as súas orixes, nos primeiros anos do século ata a súa fin, na década dos 90.

A primeira das tres películas propostas é Acoirazado Potemkin, do mestre Serguéi Einsestein. Nela relátanse uns feitos que tiveron lugar en 1905, e que serían un dos xermes da Revolución, que se desataría doce anos máis tarde, en 1917.
Seguiremos con Doctor Zhivago, desenvolvida en plena revolución e na posteriormente consolidada Unión Soviética. 
E para rematar, a terceira película elixida é Goodbye Lenin, que nos traerá unha visión da época na que desaparición do Telón de Aceiro tras a caída do Muro de Berlín.

Son moitas as boas películas que atopamos ao longo da historia do cinema, algunhas son auténticas obras mestras, e algunhas delas marcaron un antes e un despois. O Acoirazado Potemkin pertence a este último selecto grupo: as innovacións técnicas e narrativas introducidas polo xove director -que contaba só con 26 anos- fan que este film sexa un dos máis estudados nas escolas de cinema, e sen dúbida, un dos máis influíntes de todos os tempos. Así, directores da talla de Charles Chaplin  ou Billy Wilder consideraban esta como a súa película favorita, e outros, como Brian de Palma, Francis Ford Coppola ou Steven Spilberg, e ata os Simpson de Matt Groening a homenaxean nas súas películas. Tal é a importancia desta obra que dende a súa estrea, a cidade de Odesa, na que foi rodada, quedará para sempre identificada polas Escaleiras Richelieu, nas que se filmou a escena da matanza, o mesmo que París pola torre Eiffel, ou Londres pola torre do Big Ben.
Resultado de imaxes para acorazado potemkin actores profesionales
Outro dato singnificativo é que, a pesar da súa clara vocación propagandística do réxime soviético, en 1958, en plena Guerra Fría, e co industria cinematográfica baixo o poderío de Hollywood, foi elixida como mellor película da historia na Exposición Xeral de Bruselas, e en 1990, no I Festival Internacional de Cine Europeo, unha votación realizada entre 6.000 cineastas elixiu O Acoirazado Potemkin’ como a mellor película europea de todos os tiempos.

Como conclusión, despois de reunión do noso club, podemos dicir que a película gustou, en xeral, se ben, en algún caso, quedou constancia (como era de esperar) de que certos aspectos, dende a perspectiva do cinema actual vense certamente antigos, como a sobreactuación dos personaxes, que por outro lado, non debemos esquecer que non eran actores profesionais.

Aquí podedes ver unha presentación con información friki máis detallada sobre a peli


Volveremos en breve con Doctor Zhivago