martes, 9 de junio de 2009

Visita de Anxo Fariña


Anxo Fariña

O pasado martes, 26/5/09 estivo connosco, para rematar a celebración das Letras Galegas, o escritor e ilustrador vigués ANXO FARIÑA.
Anxo contoulles ós alumnos de 1º e 2º de ESO como comezou ilustrando libros para pequenos, despois para rapaces máis maiores, ata que finalmente decidíuse a escribir as súas propias historias. O seu primeiro libro foi editado cando tiña 11 anos: "foi estupendo, porque encima me pagaron".
Demostrounos que se pode inventar unha historia de calquera cousa. Así naceron OS MEGATOXOS, por unha aposta cun amigo sobre se se podería escribir algo relacionado...cun simple toxo.
¿que cando empezou a debuxar? cando tiña ano e medio, coma todos nós; a diferenza está en que el non o deixou e foi perfeccionando a técnica, non sen esforzo.

Así, confesounos que o seu maior problema era debuxar as mans, de xeito que ó principio, todos os seus perxonaxes aparecían coas mans agochadas detrás do corpo, dunha árbore ou calquera cousa. ¿Como soulcionou o problema? pois enfrontándose a el: colleu unha libreta para debuxar exclusivamente mans. Miles de mans en tódalas posicións.

Pero ademais de todo, fíxonos unha demostración do seu xenio creador, cunha visión persoal de Vanesa, de 1ºA, con algún elemento "extra"
Dsc03021_1


Moitas grazas, Anxo

No hay comentarios:

Publicar un comentario