martes, 20 de octubre de 2009

A novísima escritora ferrolá Cristina Prieto Solano é unha das novas promesas da literatura.

Aos seus 14 anos xa viu a súa primeira obra publicada, La claridad de la sombra. A editorial Neverland acaba de presentar esta novela de xénero fantástico na que a escritora ferrolá Cristina Prieto Solano narra as fantásticas historias dunha moza que tras achar un anel máxico intérnase nun mundo misterioso no que descubrirá novas capacidades. Con esta novela espérase que Cristina Prieto Solano se convirta na nova promesa literaria e que espera igualar o éxito mundial de Thok, o dragón presumido, escrito por Manuel Alguacil, de tan só 9 anos

Este é o resumo:

La claridad de la sombra

Sara ten 16 anos e unha vida monótona. É unha moza rellenita e estudiosa que non goza de popularidade no seu instituto. Todo o contrario que Luís, un mozo bastante guapo e algo engreído. A Sara estanlle pasando cousas estrañas: as luces acéndense soas, o seu computador fai as tarefas por ela… Ata que en certo momento sente que é chamada desde unha casa abandonada, onde atopa un anel que, quen sabe como, insérese no seu dedo. Ao espertar esa noite, unha forza estraña empúxaa a saír da súa casa. Na rúa atópase con Luís. El tamén ten un anel… e cóntalle unha historia. Ao día seguinte ela descobre que os dous son os elixidos para liberar Kandreon, un mundo paralelo, do influxo do Maligno. Coa axuda de Luís, Sara descobre os seus fántasticos poderes. Cando está preparada para controlalos, diríxense os dous a Kandreon, onde deberán cumprir a súa misión. Alí, Sara é unha moza moito máis delgada, loura, de ollos verdes e fermosa. Mentres buscan aliados, deberán volver á Terra en varias ocasións para evitar ser descubertos. Entón Sara dáse conta de que a súa antiga aparencia vaise difuminando para deixar paso ao aspecto que adopta en Kandreon. A través das páxinas de La claridad de la sombra, podedes atpar un universo repleto de maxia e criaturas fantásticas, coñecer a Sara, e ver nela moitas das inquedanzas propias da idade e dos tempos que corren, desde a preocupación polo aspecto físico ata a conciencia ecolóxica, pasando polo desesperado intento por aprender a manexarse no complexo mundo das relacións interpersoais.

bibliomarques

No hay comentarios:

Publicar un comentario