jueves, 23 de noviembre de 2017

Club de cinema: Acorazado Potemkin



Retomamos este curso a actividade do noso blog, e facémolo co noso club de cinema CINÉFRIKOS Ferrolterra, no seu segundo ano de vida.
Comezamos cun ciclo de películas relacionadas coa Revolución Rusa, coincidindo co seu centenario, este ano 2017.
A través de tres películas percorreremos a andaina desa Revolución, que marcou o curso do mundo durante o século XX, dende as súas orixes, nos primeiros anos do século ata a súa fin, na década dos 90.

A primeira das tres películas propostas é Acoirazado Potemkin, do mestre Serguéi Einsestein. Nela relátanse uns feitos que tiveron lugar en 1905, e que serían un dos xermes da Revolución, que se desataría doce anos máis tarde, en 1917.
Seguiremos con Doctor Zhivago, desenvolvida en plena revolución e na posteriormente consolidada Unión Soviética. 
E para rematar, a terceira película elixida é Goodbye Lenin, que nos traerá unha visión da época na que desaparición do Telón de Aceiro tras a caída do Muro de Berlín.

Son moitas as boas películas que atopamos ao longo da historia do cinema, algunhas son auténticas obras mestras, e algunhas delas marcaron un antes e un despois. O Acoirazado Potemkin pertence a este último selecto grupo: as innovacións técnicas e narrativas introducidas polo xove director -que contaba só con 26 anos- fan que este film sexa un dos máis estudados nas escolas de cinema, e sen dúbida, un dos máis influíntes de todos os tempos. Así, directores da talla de Charles Chaplin  ou Billy Wilder consideraban esta como a súa película favorita, e outros, como Brian de Palma, Francis Ford Coppola ou Steven Spilberg, e ata os Simpson de Matt Groening a homenaxean nas súas películas. Tal é a importancia desta obra que dende a súa estrea, a cidade de Odesa, na que foi rodada, quedará para sempre identificada polas Escaleiras Richelieu, nas que se filmou a escena da matanza, o mesmo que París pola torre Eiffel, ou Londres pola torre do Big Ben.
Resultado de imaxes para acorazado potemkin actores profesionales
Outro dato singnificativo é que, a pesar da súa clara vocación propagandística do réxime soviético, en 1958, en plena Guerra Fría, e co industria cinematográfica baixo o poderío de Hollywood, foi elixida como mellor película da historia na Exposición Xeral de Bruselas, e en 1990, no I Festival Internacional de Cine Europeo, unha votación realizada entre 6.000 cineastas elixiu O Acoirazado Potemkin’ como a mellor película europea de todos os tiempos.

Como conclusión, despois de reunión do noso club, podemos dicir que a película gustou, en xeral, se ben, en algún caso, quedou constancia (como era de esperar) de que certos aspectos, dende a perspectiva do cinema actual vense certamente antigos, como a sobreactuación dos personaxes, que por outro lado, non debemos esquecer que non eran actores profesionais.

Aquí podedes ver unha presentación con información friki máis detallada sobre a peli


Volveremos en breve con Doctor Zhivago

No hay comentarios:

Publicar un comentario