Hoxe, o día que se entrega o Premio Nobel da Paz ó presidente de USA, Barak Obama, cúmprense 61 anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, aprobada pola Asamblea xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948.

Este mapa indica o índice global de paz, no que se considera, entre outros factores o respecto dos dereitos humanos. Botándolle unha ollada, parece que despois destes 61 anos, aínda estamos ó principio do camiño.
Este vídeo explica dun xeito moi atractivo os dereitos humanos. bótalle unha ollada
No hay comentarios:
Publicar un comentario