viernes, 11 de diciembre de 2009

Reunión do club de lectura do 1º ciclo da ESO



Estes que vedes aquí somos os membros do club de lectura de 1º ciclo da ESO. Gústannos os libros e as historias que nos contan, e por iso, gústanos falar deles e compartir as nosas preferencias e diría que as nosas paixóns sobre os libros que imos lendo.

Na última reunión falamos sobre todo dos libros dunha das nosas escritoras favoritas: Laura Gallego. A maior parte da culpa é de Alejandro, que nos meteu no mundo de Crónicas de la Torre, e como consecuencia diso, algúns xa estamos lendo libros dela, como Fenris el elfo ou Memorias de Idhún.

Tamén falamos doutros libros, e a súa versión cinematográfica, que en algún caso, como ocorre con La historia interminable é bastante peor.

Tamén empezamos a contar con adict@s a Crepúsculo, ¡como non! Nerea xa leu os 2 primeiros libros da colección e Alicia xa leva bastante lido do primeiro deles, e comezou fai uns días.

Hoxe reunímonos só para sacarnos esta foto, pero ó final acabamos falando tamén dos nosos libros favoritos.

Verémonos a semana que ven.

No hay comentarios:

Publicar un comentario