martes, 19 de enero de 2010

¡¡Libres!!




Volvemos a estar na web, tras pasar unha tempada "entre reixas".
Me explico: á volta das vacacións de nadal, como regalo dos Ciber-Reis-Magos, decatámonos de que este blog non existía, ou mellor dito, fora clausurado -o equivalente no cibermundo á privación de liberdade, por iso digo o das reixas. A condena foi imposta por un ciber-xuíz de alto rango: Google, nin máis nin menos.
A acusación era por incumprimento das normas de utilización da nosa conta de correo, á que esta asociada este blog.
O certo é que algún tempo atrás tivemos noticias de que dende esa conta se estaban a enviar mares de publicidade a outros correos, sen que nós tiveramos nin idea de quen o estaba facendo nin de como evitalo. Era un ataque dun hacker en toda regra, que tomou posesión sen que nós souberamos como facer o exorcismo.
Finalmente a Google acabóuselle a paciencia,e ¡zas! inhabilitounos a conta, e polo tanto tamén o blog.
Como estaba convencido da nosa total e absoluta inocencia, decidín apelar e explicar o problema ó devandito todopoderoso ciber-xuíz, que facendo gala da súa máis que probada eficacia, en cuestión de horas solucionou o problema, concedéndonos de novo a liberdade -esperemos que esta vez para sempre, e ademais tivo a delicadeza de pedir disculpas polas molestias.
Dende este curruncho do mundo, moitas grazas Google pola túa eficacia

No hay comentarios:

Publicar un comentario