martes, 19 de enero de 2010

OLIMPIADA 2010



A vindeira semana dará comezo unha nova edición da nosa OLIMPIADA CULTURAL

Animádevos a participar nesta competición na que ademais de aprender e divertirnos, podedes conseguir importantes premios se chegades ó podium. Ademais, este ano, para premiar a vosa participación e fidelidade teremos un agasallo para todos os participantes que sigan concursando ata o final.

Para os que non a coñezades, a olimpiada cultural é un xogo de longa duración (por espazao de 5 ou 6 semanas), no que cada día se emite unha ou varias preguntas, que debe ser contestada no prazo correspondente. Os equipos van sumando os puntos en xogo, e ó final, gaña o equipo que teña maior puntuación. Hai dúas categorías:
  • Categoría junior para alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO
  • Categoría genius para o resto
Cada categoría puntúa por separado e hai premios para cada unha delas.

Resumimos aquí as probas das que consta:
  • Pregunta do día: unha pregunta de 1 punto para contestar en 24 horas.
  • Pista a pista: é unha proba de luns a venres. Cada día dáse unha pista, e vai perdendo valor cada día que pasa.
  • Preguntón: unha pregunta máis difícil ou máis laboriosa, para cotestar nunha semana.
  • Aposta: preguntas de inxenio nas que podes gañar puntos, pero tamén perdelos.
Ademais, por se un día se vos atraganta unha pregunta, ou non podedes contestar porque estades enfermos, tedes moito traballo, etc, cada día podedes gañar un comodín coa pregunta do día, simplemente inidicándonos un libro no que se atopa a resposta correspondente. Logo podedes trocar comodíns por puntos (1 comodín=1 punto). Pero ollo, os comodíns caducan ó cabo dunha semana. A continuación deixamos as bases do concurso e de cada proba



No hay comentarios:

Publicar un comentario