martes, 28 de enero de 2020

Recreos conCiencia, primeiros pasos 2019-20

Alumnos do ciclo de Automatización e Robótica trasteando co equipo

Recreos conCiencia continúa un ano máis na nosa biblioteca, xuntando a persoal da nosa comunidade, alumnos e algún profe, atraídos por este mundo apaixoante da Ciencia.
O tempo de que dispoñemos, que se limita a un recreo, non é moito, pero está ben aproveitado. 
Durante o primeiro trimestre, o máis salientable foi a presentación do proxecto do Sistema Solar Ferrolterra, promovido por esta biblioteca, no que o noso centro é o coordinador, representando ao Sol, e no que participan outros nove centros da nosa contorna, representando cada un a un planeta. Os alumnos do ciclo de automatización e robótica industrial están traballando na automatización dun observatorio robotizado. Nas primeiras reunións fixemos observacións cos telescopios do proxecto, e falamos dos tipos de telescopios e monturas, movementos de apuntamento e seguimento, etc. Os obxectos observados non estaban a anos luz, senón a uns centos de metros, pero a ocasión valeu igualmente para comprobar a asombrosa calidade óptica que deben ter estes instrumentos e a potencia de aproximación

No hay comentarios:

Publicar un comentario