martes, 28 de enero de 2020

Un espectroscopio caseiro (1)


Temos no noso poder un trebello cedido polo noso compañeiro Enrique, autor de numerosos artiluxios caseiros, todos eles froito da súa necesidade por coñecer o universo, unida ao limitado orzamento dun aficionado, e mostra dun enxeño top level.
Trátase dun espectroscopio, construído a base de anacos de tubo de pvc, restos de prismáticos e un par de coitelas de cúter.
O espectroscopio é un aparello que nos permite ver a composición da luz, separando as distintas frecuencias (ou lonxitudes de onda, como prefirades) que a compoñen, o mesmo que fan as pingas de auga en suspensión para formar un arco da vella, ou a superficie dun CD ou DVD.
O experimento que fixemos consistiu en ver na pantalla dun ordenador a composición de distintas fontes de luz, concretamente, a luz led da lanterna do móbil, a dun tubo fluorescente e a dun pequeno tubo de neón.
Pero para comprender mellor a que son debidas estas distintas configuracións, mirade este vídeo, que explica o que chamamos espectro de emisión, producido por exemplo por un gas excitado no interior dun corpo celeste, ou cando é sometido a unha descarga eléctrica, por exemplo


Este outro tamén explica os espectros de emisión, pero é interesante porque salienta as diferentes pegadas de tres gases distintos


Na vindeira publicación veremos os resultados obtidos co noso trebello

No hay comentarios:

Publicar un comentario