miércoles, 5 de febrero de 2020

A expansión do universo

Segundo van pasando os anos, e novas xeracións de alumnos ides pasando polo club de ciencia do noso centro, un tema recurrente é o da Gran Explosión, ou Big Bang, como se coñece habitualmente. Hoxe parece unha teoría totalmente admitida pola comunidade científica, e avalada por diversas comprobacións empíricas. Sen embargo, isto non foi así dende o inicio. 
Como ocorreu en moitas ocasións, a historia atribúe méritos a persoas equivocadas, e as verdadeiras artífices de tal ou cual invento ou descubrimento son condenadas ao esquecemento. Pois ben, tradicionalmente se considera ao astrónomo Edwin Hubble como o creador da teoría da Expansión do Universo, que inevitablemente nos conduce á idea dunha gran explosión, polo simple feito de que se as galaxias se están afastando unhas doutras, antes estaban máis cerca, e se seguimos retrocedendo, nalgún momento, todas elas, todo o que coñecemos estaba no mesmo punto.
Sen embargo, como digo, se ben Hubble fixo importantísimas achegas para a consolidación desta teoría, a idea do big bang debémoslla a un crego belga chamado George Lemaitre, ademais de Sir Arthur Eddington e Willem De Sitter. Pero isto será o tema doutra publicación. 
Buscando na rede un vídeo adecuado para que coñecérades esta fermosa teoría topeime co vídeo que vos propoño para esta semana, dun vello coñecido ao que admiro profundamente polo seu maxistral labor de divulgación de temas de astronomía: Carl Sagan. É o creador dunha das mellores series documentais sobre o cosmos, chamada así, Cosmos. Tamén temos o libro na biblio. É unha auténtica xoia.
Disfrutade 

No hay comentarios:

Publicar un comentario